Ola, entendo este espazo como un diario persoal onde expresarme sobre temas de Internet e o mundo.
Dende pequeno gusto de compartir medios e ideas como valores humanos básicos. Tamén agora procuro que os temas nos que inverto o meu tempo contemplen estes valores.
Neste senso teño que dicir que a posibilidade física real de comunicación humana actual por este medio, tenme en certa forma entusiasmado, polo que espero estar por aquí tempo dabondo.
A miña expresión dixital e dabondo primaria, máis todo o boa que os meus coñecementos e a tecnoloxía me permiten.
Osga. Salamanquesa común (esp.) Tarentola mauritanica Linnaeus
É unha especie moi coñecida polos seus hábitos antrópicos: vive moi ligada ao home, compartindo con el as súas construcións, desde casas illadas e pobos ata cidades e grandes urbes.
Non é unha especie ameazada. Antes ao contrario, a súa capacidade para convivir co home permítelle manter poboacións saudables con poucos inimigos naturais e refuxios seguros.
O impacto das modernas construcións, réstanlle posibilidades para atopar refuxios seguros. Pero polo momento, parece que ata nos hábitats urbanos máis extremos se desenvolve con soltura.
Patrón social e comportamento
Principalmente crepuscular ou nocturna. Tamén activa durante o día, especialmente nos días asollados de finais de inverno, que gusta de tomar o sol preto do seu refuxio. Caza gran cantidade de insectos axexándoos.
Á noitiña saen dos refuxios e están activas durante as primeiras horas da noite. Emite berriños de tipos variados que xogan un papel importante na comunicación entre individuos.
