luns 20 xuño 2005
Movemento no verao
Por Cruzul,
luns 20 xuño 2005 à 21:19 :: Xeral
:: Traducir

Na marcha de Carlinhos Brown en Madrid
O impulso primaveral trouxo no meu caso, cos imperativos de seguridade dos Foros Phpbb de Xenealoxía.org unha actualización profunda de toda a web.
Agora xa corre na 7.8 do PhpNuke, e tamén cun novo tema evolución do anterior pero fondamente actualizado o código. Coma resultas de todo temos un inicio máis rechamante se quer (é opinable) pero máis lixeiro e libre de erros. Sí dixen ben, libre de erros e válido "HTML 4.01 Transitional".
Vou tamén empurrar esta nova xeira cun apoio a proxectos de intres que poidan xurdir, e de feito xorden , pero tratarei de sistematizalo.
A frase sería que seguimos a afondar no cambio dentro de Xenaloxía.org e sen necesidade a esperar ó verao como acontece na sociedade galega. Sí falo das eleccións, ese proceso de liberdade no que temos a oportunidade de aproximar o teatro social á nosa forma de ser cando coincidimos cunha maioría suficiente. Tamén vou botar algo de leña a unha situación a todas luces inxusta: Eu emigrei no 89 a Madrid pola miña vontade, e retrasei o de censarme aquí hasta pasar as eleccións nas que Fraga se presentou á Xunta. Aquelas eleccións ganaraas (e as que seguiron) i eu empadroeime en Madrid. Pois xa nunca máis puiden votar en Galicia e amólame dalgún xeito que en cambio toda esa morea de galegos emigrada noutros países poidan facelo (xa se entendeu ¿non?).
O cambio resultou moi axustado pero resultou, pois coido que non poden xurdir votos milagreiros suficientes para unha nova maioría.
Tamén observouse nestas elección que as forzas estaban hasta agora moi definidas e delimitadas, pois todo o que subiu o PSOE 4+4 o perderon o PP e o Bloque.
Pero o realmente novo curioso e marabilloso esta por vir no intre en que o relevo teña lugar i comécense a cortar os fíos do poder, non xa de Fraga, pois este non fixo máis que afianzar outros máis antigos e coñecidos como "caciquismo" e ós que el denominou “dereita natural”.

