Unha chisca de sol a contraluz cólase entre as follas dunha arbre Era unha entrevista Domingo pola noite de Baltasar Magro (penso que se chama así) con Vicente Ferrer. Vicente Ferrer é moi racional e xa de idade (oitenta e tantos), fala a modiño pensando no que di, sen presas e alleo totalmente ós tempos televisivos.
Eu estaba a traballar co Arzak de espaldas á televisión pero escoitando e volvéndome de cando en vez para ollalos. Nun intre da entrevista Baltasar pregúntalle sobre a súa participación na guerra civil, concretamente na fronte do Ebro, e que foi o que alí lle aconteceu. Efectivamente Vicente participara nesa fronte nas milicias comunistas, e xa por entón gustaba de pensar sobre os problemas da humanidade, o destino do home, e o fin da súa existencia, Tamén explica para que nos decatemos de todo o proceso que ó longo da súa vida normalmente ten lugar primeiramente na súa mente o pensamento, formándose despois a imaxe. Ese é o seu proceso i el coñéceo ben, o novo pensamento formándose e logo a imaxe tomando corpo na mente.
Neste punto acaparou xa a totalidade da miña atención, eu non podería precisar co esa rotundidade que en min aconteza dese xeito o proceso, pois é verdade que non o teño tan observado. Sí podo engadir, que unha vez formada a imaxe esta é moi poderosa e o seu poder de transformación moi grande e na maioría dos casos irreversible, y non sei porqué non me atrevo a dicir en tódolos casos.
Contou entonces que estando alí, na fronte aconteceulle naquela ocasión que a imaxe e o pensamento viñéronlle xuntos, remárcao como algo non habitual ó longo da súa vida que lle suceda isto. El entonces ve que toda a terra está sumida nunha profunda escuridade, pero alí agochada hai unha pequeniña luz. E precisamente esa pequeniña luz a que en adiante terá realmente importancia para a súa vida e esa visión a que o encamiñe na vida. Pareceume moi sincera a súa explicación dos procesos e o deste relato en particular, e penso que só dende expresións semellantes poderemos estabelecer relacións de confianza cos máis.
Máis a min conforme escoitaba a súa historia traíame a miña propia ó presente e chamoume a atención a similitude. Supoño que como os máis procesos as cousas deben acontecer sempre así. No meu caso eu non estaba nunha guerra como tal, senón nos difíciles anos do principio dos oitenta (nestas cousas falo coma un do 1959 que é que son eu), e aconteceume alí na acera do final da calle Pardo Bajo do Ferrol á noite, cando as últimas voces aínda risoñas e algo bébedas retirábanse para as súas casas. Eu so podo dicir que endexamais experimentei unha escuridade e frío tan profundos, para observala alí, pequeniña, como a pequena chama dun misto naquela inmensa negrura, e a certeza absoluta por riba de todo razoamento de ser o único importante, o único que pasase o que pasase na miña vida, debía preservar. Tamén teño que dicir que esa imaxe, ese coñecemento transformou a miña vida, ou dito dun xeito moito máis axustado cambioulle o rumbo.
O pensamento que me entretén ó poñer isto aquí e o de pensar que se alguén chega hasta aquí lendo e tivo unha experiencia similar, experimentará o mesmo ca min ó escoitar a Vicente Ferrar relatar a súa.