Cruzul

xoves 25 maio 2006

Darlle valor os meus enlaces

Falen ben ou mal de nos o importante é que falen. De xeito xeral esta máxima está implantada en moitos ambentes, e mesmo é empregada arteiramente de cara a promocionar determiñados productos.

A carón da postaxe de Ali sobre o acceso da mocedade á vivenda é que volvo a plantexarme o tema dos enlaces a un sitio importante aínda que sexa en actitude crítica.

Sen entrar en máis detalles decir que moitísimas páxinas apuntando a un sitio fan que este sitio sexa máis importante no que a Internet se refire para Google. Non entro a valorar aquí o efecto que lle podan ocasionar ó sitio o contido das páxinas que aportan o enlace.

Leer máis

domingo 21 maio 2006

Unha peli

Fomos Ilara máis eu, pero esquecéusenos que era venres e cambiaban a carteleira. Total non puidemos ver V de Vendetta que era a película que queríamos ver.

fotograma da peli modificado

Entón fomos ver a peli de éstreno, e que a fin de contas, con todo o que se leva falado dela, cáseque é obrigado para poder emitir unha opinión persoal diante do fenómeno global. Coma película deixounos ós dous indiferentes.

Leer máis

sábado 20 maio 2006

Teatro Estatal de Marionetas de Varna

Hoxe fun a ver coa miña filla Nanna un teatro de Marionetas que había na Casa da Cultura de aquí de Villalba. Gustounos moito. A historia con princesa e serea puidera parecer xa tema manido, i eu mesmo achegueime moi escéptico por outras experiencias de variantes do moco que me aburren, pero a súa posta en escena sorprendeume e mesmo emocionoume en varios intres.

Tiñan un artiluxio en forma de circunferencia de ferro cunhas madeiras dosadas que podían mover e separar e que lles daba unha gran liberdade, xunguido ós efectos de luz e ó son, o aproveitamento foi completo.

A historia aínda que para nenos ten o seu aquel para os maiores, xa que nos prende a outros niveis, e gracias tamén á entregada interpretación dos actores que a representan.

Un canto ó amor que fixo que os despedísemos con aplausos e palmas hasta que definitivamente abandonaron o escenario.

Leer máis

mércores 17 maio 2006

Usabilidade do galego

Estamos de cheo nunha época en que a usabilidade e mesmo a accesibilidade ocupan un primeiro plano en Internet. Tamén os estándares volven a ser importantes. Eu celebro de que isto sexa así. Se tivera que resumir en poucas palabras o que para min significa o anterior referido a unha páxina web, diría que unha páxina cen por cen usable e accesible veríase de xeito intelixible por tódolos potenciais navegantes que se achegasen a ela con calquer dispositivo e moveríanse con soltura e sen dificultade polas súas páxinas.

Neste senso ¿é accesible e usable o galego hoxe en día? Non, é a miña resposta.

Leer máis

martes 16 maio 2006

Fotos da Vila de Mugardos

San Xiao e Reganosa vista panorámica

Reganosa xa se afunde na paisaxe mugardesa.

Para os que non gañar non é sinónimo de perder, i é máis importante sinalar camiño, a derradeira loita do xeral Gabeiras segue na memoria.

Para min Mugardos pertence xa ás fantasías infantís como lugar ó que chegábase ó traveso do mar nun extraordinario paseo dominical, ou coma lugar de paso unha maña de verán cara Chanteiro.

Leer máis

sábado 13 maio 2006

Sentada por unha vivenda digna

Plataforma por una Vivienda DignaNota: A Plataforma por unha vivenda digna e allea e non ten relacción algunha coas presentes moviliacións que estou a relatar. Pero na web da Plataforma atoparemos unha boas razóns e documentos ós interesados no tema, así como a súa postura sobre as movilizacións.

Recordade a convocatoria Sentada por una vivienda digna. Así que mañá día 14 ás 17 horas será a sentada nos lugares indicados na lista que segue, ou no seu defecto na praza do axuntamento de cada localidade.

Leer máis

martes 9 maio 2006

Cultura popular

Cultura popular en Villalba (Madrid).

Cultura popular é unha selección das que eu coido mellores intervencións das xentes de aquí de Villalba (Madrid) nos espacios públicos, dun xeito que eu entendo como non vandálico.

Soen ser sitios escollidos polo seu impacto no público, e que neste territorio correspóndense cos arredores da Estación, ó longo das vías do tren de cara ós viaxeiros, e nas superficies que impactan sobre os viaxeiros dos vehículos na N-VI.

Comezo pois primeriramente cunha selección de trintaeunha fotos do territorio Villalba-Estación

sábado 6 maio 2006

Galería Cruzul

Ventanillas con xente dun tren

Dende que Sisifodichoso me ensinou a achádega da minimalGallery e me encandilou, tiven que darlle unhas poucas voltas para integrala no sitio.

Agora estou satisfeito e sigo a pensar que é unha grande ferramenta e máis que suficinte para mín. Só teño algún problema, do que de momento non identifiquei a orixe, cos datos IPTC, que provocan un erro nas etiquetas de peche. Teño que velo polo miúdo.

A Galería Cruzul, vouna inaugurar cunhas fotos de fai un ano do Intercambiador de Nuevos Ministerios. En total doce fotos, con máis ganas e intención que calidade. A camariña é una Sony Cybershot coa que trabállase fundamentalmente en automático.