amor e primavera

resumindo

Coma sempre dubido da pureza de niKolai, pero non do que persigue. A primavera é a súa vitalidade fan mella estes días, e como non a boa temperatura.

O corpo non responde coma fai anos, pero o espírito ledo contáxiao de optimismo e certa flexibilidade. Quizais se houbese recorrido o camiño ata aquí doutro xeito o resultado sería mellor ¿como sabelo? Nestes días pasados estiven falando con outros superviventes da miña xeración e non hai receitas. Concluirei dignamente, e neste senso reprobo totalmente a utilización do cadáver de Antonio Vega pola SGAE. Non é que descubrise nada novo pero...

cartos públicos licenzas ceibes

Nomeado diaño, voume ao tema, a conferencia de Almeida non ten desperdicio, quédome coa proposta de modificación da lei que reproduzo para a súa difusión:

La percepción de ayudas públicas e incentivos fiscales determinará necesariamente la publicación de las obras con licencias libres, que permitan la reproducción de las mismas sin restricciones, con reconocimiento de la autoría, al objeto de lograr su máxima difusión.

Iso.

por fans e para fans

O meu fornecedor de servizos de Internet tenme prohibido por contrato o uso de redes P2P, que cumpro con docilidade por terror que lle teño á facturación por transmisión de paquetes de datos por fora da tarifa, afortunadamente achégome as activas redes (graciñas eRDM) que soben material para descarga directa de sitios coma MBupload o GBsize e similares, permitíndome ver cousas coma Ghost in the shell e Ghost in the shell, Innocence, que non coñecía (!), i era unha pena. Tamén seguir series coma Mushishi das que gozo, e que por certo traducen con moitísimo esmero os fansub de Anime Underground.

memoria externa

Ao ver Ghost in the shell decidín que o nome correcto para a memoria usb (dinlle pincho agora!) é memoria externa, e así queda de agora en diante. Na miña memoria externa estou a implantar un escritorio portable que me permita ter as miñas ferramentas de uso cotián a punto en calquera máquina con Windows de S.O., que por certo son as que abondan no meu entorno. Desboto a solución dun portátil polo peso ( anque cando saia o GYY ao mellor non me conteño), un S.O. portable linux tampouco me gusta xa que implica reiniciar as máquinas, por iso a solución que adoitei é a de PortableApps, a mellor para min a día de hoxe, nunha memoria externa de 8 Gb, tamén suficintes para min. Voverei sobre isto.

captcha anti-spam

A dúbida é si migrar o correo á memoria externa ou non. O correo segue a ser algo problemático para min pola facilidade con que perdo a intimidade das contas indo a parar ás listas de spammers. O mesmo me acontece cos foros Phpbb con sistema captcha inserido, non hai maneira, e a consumir tempo. Eu pensaba que o hackeaban escaneando por software, como penso que é o máis das veces, pero con servizos anti-captcha de 1000 códigos crackeados a un euro, garantidos e feitos por humanos, non hai quen poida, e o máis triste que posiblemente sexan nenos. O Spam move moitos cartos e segue a xerar a maioría do tráfico e polo tanto do negocio do mesmo, interesando a moitos máis.

hacking enquisa Time

Noutro tipo de negocios temos o da revista Time, a enquisa e proclamación do persoeiro máis influinte do mundo foi desvirtuada de xeito moi orixinal. Sorpréndeme a enerxía e tempo adicados por algúns para conquerilo, pero é divertido (cheguei seguindo o tema captcha por suposto no feed de Security By Default).

coreografía coa canción do algoritmo

Unha coreografía tech con moito humor dende oriente, vía a Adesgana, para alixeirar tanto texto.

Esto es un vídeo de Youtube. Necesitas el plugin de Flash para visualizarlo: http://www.adobe.com/software/shockwaveplayer/

a nosa lingua non é normal

Volvendo ao noso noroeste, a pesares de tódolos pesares as cousas distan moito de se normalizar, e a primeira delas a lingua. No fondo do meu corazón desexaría que o arranxo fose acometido por un técnico, coma se fose un sistema operativo (non é real):

- O lang galego non corre en tódalas aplicacións e servizos, e tampouco chega a tódolos puntos da rede.

- Non se apure, nun ano témolo amañado.

I eu penso que non fai falla máis, todo o resto son lerias e dilates do Pensamento Túzaro :-), así que seguimos adiante cada un co seu. Por exemplo dos Dios Que Te Crew que volven aos escenarios, deixo esta reivindicativa auto-promoción.

Esto es un vídeo de Youtube. Necesitas el plugin de Flash para visualizarlo: http://www.adobe.com/software/shockwaveplayer/