Vou dar un paseo, entro nunha librería, ollo El libro oficial de Ubuntu (sáeme máis barato se o merco coa BIBLIA DE WINDOWS VISTA BUSINESS: ULTIMATE, BUSINESS Y ENTERPRISE) e voume. A saída un segurata ponme un pin cun chip de memoria onde se gardan os datos dos libros que ollei, día, hora e si realicei algunha transacción. Unha rapaza sorrime e solicítame os meus datos persoais, dirección e demais. Todo para mellorar o servizo de asistencia. Eu sorrío afagado.

Entro no videoclub, collo My Blueberry Nights, e ao saír teño os petos e a mochila cheos a reverter de imaxes porno para mulleres.

Sigo a xoiaría a ver uns reloxos, e o encargado endósame un sándwich de "Compro ouro" que levo orgulloso pola rúa.

Encontro a un amigo nuns grandes almacéns e nos poñemos a falar da narrativa ikea de Stieg Larsson en Os homes que non amaban as mulleres, ao pouco unha azafata acércasenos coa triloxía Millennium... Stop

NIN DE COÑA!!!

A vida en Internet non ten por que ser diferente: NoScript Firefox extension