Agora que me vexo envolto nunha especie de balance, estiven a cacharrear nunha vella PS1 que sin problemas colleu vida ó enchufala co seu xa esquecido Windows 3.1 . De aí rescatei unha historia de fai ¿dez anos?, que anque un pouco inxenua e pretensiosa xa quería expresar o tema da banda de Moebius. Aparte de certo apuro, non deixa de facerme gracia poñelas aquí xuntas agora: a derradeira primeiro e o principio ó final. O momento máxico é un engado actual.