O Phoogle é un MOD que permite a xeolocalización dos usuarios nos foros PhpBB empregando a API de GoogleMaps.

Por defecto emprega as cariñas do estilo das utilizadas nos foros coma emoticons. Apetecíame personalizalo, e no meu caso coma é tema xenealóxico, pensei nun carballo coma icona (-moitas árbores forman un bosque- apuntoume miña filla, e xa me convenceu).

Aínda me manexo con dificultade co Gimp e as precisas instrucións que fai o desenrolador son para Fireworks, pero púxenme a elo, e aí vai.

Debuxo do carballo no Inkscape

O deseño do que suponse é un carballo fíxeno co Inkscape por aquelo de debuxarse mellor e reducirse despois o tamaño sen perdas.

Salveino coma PNG en 25x27 px: carballo.png

Seleccionando o carballo coa varinha máxica

O carballo.png abrino co Gimp, e coa ferramenta de Seleccionar rexións contiguas (Variña máxica) fixen a selección de toda a árbore.

Criei unha nova capa e coa ferramenta de Encher cunha cor (Bote de pintura) pinteina de negro.

Aplicando un sharing de -45 nas X

Collemos a ferramenta Shear e inclinamos a imaxe á dereita, escollendo o valor -45 no eixo das X.

Seleccionamos Imaxe e Fit Canvas to Layers, para que o tamaño do fondo se corresponda co da imaxe.

Na ventá de Capas desprazamos o cursor do atributo Opacidade á esquerda aproximadamente ata o 50%, para que a sombra da nosa árbore sexa máis real.

Reducindo a opacidade da sombra nos atributos da capa

Salvamos a nosa capa como sombra_carballo.png. Debémolo facer sen variar a posición da imaxe, nin recortala, nin redimensionala, senón non nos encaixará coma sombra da imaxe principal.

E aquí podemos ver o resultado final no mapa.

O resultado final no Phoogle