Hoxe a miña filla pequena estivo moi enferma toda a noite polo que á mañá leveina á pediatra para ollala. Non lembraba co apuro que estaban en folga, cousa na que decateime deseguida en canto cheguei ó Centro de Saúde. Aínda que por circunstancias que non veñen ó caso a pediatra atendeume e puidemos falar ademais das condicións nas que estase a traballar na sanidade pública. Sen ir máis lonxe para contentar a unha puxante urbanización, Los Arroyos, vanlles poñer un consultorio de Saúde pero non van aumentar os medios senón que pretenden que algúns profesionais dos actuais do Centro de Saúde atendan ademais o mesmo. Sen comentarios.

