Ler o que sigue en español co Opentrad
Os da USC fan unha comparativa entre os dous principais sistemas de tradutores de galego agora mesmo en liña (deixan fora o do Instituto Cervantes), o que denominan ES►GL, Tradutor automático da Xunta, e o Opentrad de Imaxin. Todos os tres están desenvolvidos por entidades públicas, o que quere dicir cos nosos cartos, i é dende a miña opinión de cara a onde debe camiñar o público, que quero darlle unha volta a isto dos tradutores.
Escoitemos esto mesmo por Carmela
Os privativos
Tradutor do Instituto Cervantes
Copiei o mesmo texto empregado na comparativa e pegueino no Tradutor Cervantes, obtendo uns erros semellantes en número:
se vaille / váiselle un segundo fronte / unha segunda fronte fai días declarou / hai días declarou Ou fannos caso / Ou nos fan caso ninguén faino / ninguén o fai e se quédano / e quedan con el Protexo absolutamente / Avalo absolutamente ocúpanse de moito máis / se ocupan de moito máis diante da rouca que se avecina / ante a reprimenda que se aveciña que se compénselles / que se lles compense cómaro o presidente / resolve o presidente
Na comparativa din del Con capacidade para verter 10.000 palabras entre castelán e galego, e viceversa, este novo instrumento limítase á tradución de páxinas web da Rede ou de textos que se insiran na interface, o que supón unha clara limitación con respecto ás outras ferramentas de tradución.
, pero non é exacto comparándoo co tradutor da Xunta que ten peor interface, é máis limitado no volume de texto que permite traducir dunha xeira, e so traduce nunha dirección Es/Gl, non podendo empregalo para traducir esta páxina, por exemplo, ó castelán.
Cando só existía o Opentrad Apertium da UV, que non admite codificación UTF8, o tradutor do Cervantes era o mellor.
O software é desenrolado pola empresa AutomaticTrans S.L. e o código non se libera, senón que supoño queda para uso libre i privativo pola mesma, sacando un servizo gratuito de 50 palabras, utilizado como reclamo.
Tradutor automático da Xunta
Unha primeira versión de escritorio pasouma un amigo supoño que ilegalmente, pois non se distribúe libremente (? non vaia ser que se lle dea a todo o mundo por poñerse a traducir). Trátase dun tradutor presentado coma EsGl, o Comprendium Translator Desktop, desenvolvido polo Centro Ramón Piñeiro en colaboración coa empresa catalá Incyta e que se distribúe entre traballadores da administración. Descoñezo o custe económico. Traduce documentos en formato TXT, RTF e HTML.
Supoño que a mesma base de software é a empregada no Tradutor automático posto recentemente en liña que traduce bloques de texto (limitado a 4096 caracteres e só texto plano nada de arquivos) e páxinas web de castelán a galego. A mesma Incyta ten un servizo de traducións Traslendium SL (powered by Comprendium ;-), Castellá-Gallec, e o mesmo que AutomaticTrans S.L. permite traducir textos curtos de menos de 1.000 caracteres de xeito gratuíto en liña.
Aínda que nun prazo de aprox dun ano teremos da man da mesma empresa o Gl/Es, o Gl/En e o En/Gl (os tres por uns 500.000 euros) priorizaron o traducir do castelán ó galego, cousa ca que non concordo porque en xeral os galegos non imos recorrer a un tradutor (dubidoso de por si) para ler español. A prioridade o meu entender para unha lingua minoritaria como o galego é traducir a outros idiomas (incluída grafía portuguesa) para achegar os contidos escritos na nosa lingua os posibles lectores doutras linguas maioritarias.
O modelo de desenrolo do software dos tradutores do Instituto Cervantes e da Xunta de Galicia é o mesmo, o código non se libera e só se benefician del as empresas, quedando para a cidadanía unicamente a utilización do servizo.
Os libres
Opentrad de Imaxin
A partires dun camiño iniciado pola Universidade de Vigo e outros, e perfeccionado coa empresa Imaxin e os demais membros do consorcio, con moi bos resultados: Opentrad, sempre mellorables, pero do mellor ó meu entender ata este momento:
- Traduce só texto, pegando o mesmo nunha doada textarea.
- Traduce arquivos TXT, RTF e HTML sen o límite dos 4.096 caracteres.
- Permite navegar pola web, e admite codificación UTF8.
- As tres funcións nas dúas direccións Español-Galego, Galego-Español; Portugués-Galego, Galego-Portugués; Catalán-Galego, Galego-Catalán.
O mesmo que os privativos, a empresa Imaxin fai negocio co tradutor adaptándoo ós seus clientes (ningunha chata), pero a diferencia do anterior calquera pode descargalo i empregalo para os seus proxectos modificandoo ó seu gusto: a cidadanía, todos nós, facémonos cun patrimonio, e así vemos como a mesma Voz de Galicia, que emprega o sistema, liberou o seu dicionario para beneficio de todos.
O TRADUTOR
O TRADUTOR de momento é o Opentrad e si temos que traducir documentos editados en formatos específicos sen perdelos, temos unha variante Traducíndote , por Óscar Hermida López, que nos permite traducir textos de Word, OpenOffice Writer, Calc, Draw, Impress, Math e Abiword.



Comentarios
busco en el diccionario de casteñano