Hoxe ía distraído na liña seis do Metro colghado da barra, cando reparo diante dos meus ollos:
Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra
Non daba creto, quedeime "de pedra". Na miña casa, as miñas fillas, algo afastadas do espírito desta poesía e da miña cultura, failles sorrir a reiteración e a sonoridade "DE PEDRA" "DE PEDRA" "DE PEDRA" ... está ben que sexa así
Esta pequena parada miña é froito da campaña 2007 de Libros a la calle, e a poesía de Celso Emilio Ferreiro forma parte da selección xunto con dezaseis autores máis.


