Estou traducindo Aigaion. O proceso é moi positivo pois vaime acercando ao programa, que nunca empregara, e tamén ao Bibtex polo que me decidín para a bibliografía de Xenealoxía.org.

Utilizo unha sinxela pero potente ferramenta, Poedit. Creo un novo catálogo de tradución a partires do ficheiro messages.pot no directorio aionengine/language/locale de Aigaion, e tamén un directorio gl cun ficheiro messages.po. En total son 1049 cadeas a traducir.

Para traducir axúdome do Tradutor automático da Xunta (xa traduce do inglés), inglés/galego, vocabulario técnico xeral.

Normalizo co Corpus Mancomún para achegarme aos consensos, principalmente das cadeas do proxecto GNOME. Engádese directamente o motor de busca no Firefox.

Nas dúbidas aínda non resoltas, axúdome do WordReference.com no que descubrín de paso unhas estupendas discusións onde normalmente xa trataron os temas. Por exemplo unha "searcheable list" que gracias a SVB deixei como "lista con opción de busca".