Introdución

RandeeiraO run run sobor da orixe do fenómeno creativo, son / imaxe, levoume por retortos camiños deica O Corvo1, de Edgar Allan Poe, e iste ata ó seu "Método de Composición"2, onde ¡sorpresa! emprega o poema para explicarse. Na Wiki contemplan a posibilidade observada por algúns estudosos de que estea sendo irónico, pero a min non me parece tal. Sintetizando, segundo isto un bo poema longo sería o resultado de pequenos momentos poéticos inspirados, enxergados coa pericia, artesanía e cosmética axeitadas. Téntame contrapoñer porqué non deixar sós os momentos inspirados, pero non me atrevo a contradicir a Poe sen medo a "columpiarme".

O de "columpiarse" empregámolo na fala, cando nos afirmamos pasando nidias evidencias por alto, vamos, que lanzámonos nun tema coma un neno nunha randeeira. En descargo do que se "columpia" (podo ser eu mesmo agora) teño que dicir que este arríscase, mentres que os que o critican están en baixo mirando. Eu, postos a elixir, quédome cos que se "columpian", e non cos que fican no chan carregados de razóns.

Unhas historias

A randeeira foi sempre un aparello moi popular, unha pola dunha árbore e unha corda abondan para improvisar unha. Trasládanos ó tempo da infancia, ó aprendizaxe. Ó vértigo. Chegar sempre un pouco máis alto, a dita. Ó descer de cu, medo, mareos. Ó impulso. Todas sensacións moi vitais.

Un cineasta que gusta moitísimo dos símbolos coma Kim Ki Duck, na súa película "O Arco"3 emprega tamén unha randeeira representando ¿o tempo, a vida?, non o sei ou non me atrevo. Na película tenha instalada nun costado do barco a babor, onde está debuxado un buda circundado dos oito trigramas do I Ching, nel "balança" a mociña cunhas cintas de cores nas bonecas. É un xeito desmedido e grandioso de concentración para a predición, supoño que idea de Kim Ki Duck4. O vello tirará tres frechas dende un bote cara o buda ó traveso da traxectoria da randeeira. Será a mociña quen lea o futuro segundo a disposición na que queden as frechas.

Randeira no Arco

Empregado nas imaxes, pode resultar belo i evocador, retrotraíndonos a tempos antigos. Eu diría que funciona no banda dos arquetipos5 humanos, pensade senón nunha longa randeeira colgada do ceo con dous espíritos namorados abaneándose a través do aire do atardecer, ou baixo unha noite estrelada de agosto (¿estaba aí a imaxe? eu coido que si).

Fotograma de DevdasFai pouco estiven vendo na casa o DVD de Devdas, unha película de Bollywood dirixida por Sanjay Leela Bhansali6, onde empregan en sobre maneira os símbolos. É máis, para situar o amor dos personaxes nunha secuencia, aparece unha lamparina que sempre está acesa, as portas que a moza vai abrindo ó seu namorado, a auga, as cores da terra, o metal e as xoias, a noite de lúa xunto ó estanque, a espiña cravada e o sangue, e por suposto: a randeeira. Son só dous planos, un frontal e un cenital dunha randeeira con grinaldas de flores, no que os namorados coma un só oscilan pendurados sobre das escuras augas tocándoas un chisquiño coa punta dos pes nus ¡vaia, vaia!.

Non quero dicir con isto que en occidente non se empregue este recurso no mesmo senso, que si, pero tan só é o xeito de presentalo o que me chama a atención, o aspecto formal. Andiven a indagar a orixe da imaxe no seu entorno, e non hai dúbida, un dos pasatempos de Krishna é a randeeira. Na imaxe que máis me gustou, pero hai moitismas, podemos ver a Krishna e a Rhada felices sobre unha randeeira representando o amor e o goce diviños.

Dioses

Spring (Les Printemps)Cando mozo tiven fixación por unha lámina cunha reprodución da pintura de Pierre Auguste Cot7, "The Storm" (Le Tempête), agora para o que nos ocupa poño outra similar, "Spring" (Les Printemps), representando un amor adolescente, limpo, puro e inocente. Unha bela imaxe onde a atención recae sobre o personaxe feminino enfeitizado polo seu amor, estando os dous suspendidos no ar por unha randeeira.

El feliz capricho del columpio (Les hereux hasards de l´escarpolette)Unha imaxe co personaxe feminino central tamén, é a que nos ofrece Fragonard8, Les hereux hasards de l´escarpolette (1767), pero nun ton totalmente diferente de fina picardía, onde a moza cun incríbel vestido é abaneada por un servinte (?) cunhas cordas entre unha profusa pero defumada vexetación. Aquí o mozo non está á par, senón que retoza encandilado embaixo, mentres ela lanza graciosamente o seu zapatiño polos aires o tempo que descubre as pernas cun toque erótico.

La BalançoireNada que ver con Fragonard a dama da "La Balançoire" (1876) de Renoir9, que nun día luminoso cun vestido longo de curiosos lazos azuis, semella totalmente esvaída de pe sobre a randeeira medio escoitando ó cabaleiro de costas a nós. Neste caso o trebello arrinca parcialmente ó personaxe da escena, xa que o outro home i a nena están totalmente mergullados no que está a contar, e non hai balanzo.

El columpioGoya amósanos sobre o 1780 dúas esceas de randeeira. Unha máis inocente de nais e nenos de ben no campo, nun ambente tranquilo, un canciño descansa en primer término á dereita, unha nai supostamente abánease nunha situación imposible pero quecompón moi ben cadro, o mesmo que a árbore que sostén a randeeira que é moi incómoda para tal cousa pero ven moi ben aquí en diagonal.

ColumpioO outro cadro que atopei vai de xogueteo amoroso entre tres mozos e tres mozas nunha tarde folgada tamén no campo. Unha rapaza está a voar empuxada por un mozo mentras o outro faille gracias.

Ninfas en randeeiraMozos, homes empurrando randeeiras e mulleres e nenos divertíndose nelas. Hai unha predominancia infantil / feminina na randeeira, pois o home canda sube e para acompañar ó seu amor, senón goza en baixo observándoo ou dándolle impulso. Tamén soben as ninfas e as deidades. Exemplo das primeiras temos dúas cheas de luz nunha escura natureza randeando sobre un río e pintadas por Raymond Monvoisin, El Columpio (1851). Dada a relación de amor entre elas son reivindicadas por Cultura Lesbiana, de onde tomei a foto.

Como representativo da cultura urbana de hoxendía miro o Swinger de Tanja-tiziana, sen amores diviños, nin namorados, nin esvaimentos, só o que se randea nun calexón dunha urbe actual. A imaxe lévanos máis á experiencia física, puramente sensorial, ó deslizarse entre dous muros tan achegados, que a primeira impresión é dura. Pero éo menos se cambiamos o chip, e somos capaces de ver a poesía que subxace na transformación dun infame calexón cheo de lixo, nun espazo para a expresión da imaxinación e voar ceibes.

Swinger

É tamén un aparello que podemos empregar para as nosas fantasías sexuais de parella, suspendidos os dous ou un só, permite dar renda solta a innumerables fantasías cun corpo en supensión. Tamén a determinadas posturas sexuais de parella denomináselles coa palabra "columpio", por ser o vaivén, adiante atrás, unha das súas características principais.

Cartel de Ikiru Amor diviño, amor apaixonado, erotismo, sexo, a imaxe da randeeira está totalmente asociada á vida. O común delas nos parques, á infancia, ó crecemento, ó aprendizaxe, ó griterío alborozado, e ata o chirrido oxidado parecese berrar Vida a cada impulso. Pola contra, un parque baleiro nunha tarde chuviosa, unha randeeira co asento colgando cunha cadea rota, ven podería ser entón unha imaxe da Morte: a ausencia de movimento. Aínda que non vin a película traio aquí o cartel da película Ikiru de Akiro Kurosava, onde un vello agarda pendurado nunha randeeira sen abanearse, unha imaxe moi potente para expresar un fin sereo da existencia neste nundo.

O ritmo

Porque o "ir e vir", o vaivén, é algo común nas nosas vidas a peasares das xentiñas que se esforzan en que non sexa así. E atreveríame a dicir: ¿amósame como te randeas y direiche como fas coa túa vida? Porque os comportamentos humanos van en abanico: dende o impetuoso que parecera que vaille dar a volta ó trebello, deica o perezoso e medroso que quere que o empuxen de cotío para coller altura. Toda a vida gobernada por ciclos con momentos sucesivos de ascensos e descensos. Cun pouco de maña poderemos disfrutar de ámbolos dous poñéndonos en armonía coa randeeira, impulsándonos cando baixamos, para subir un pouco máis cando ascendemos.

Observando este proceso os herméticos elaboraron un dos sete principios10 que rixen a vida humana: o Ritmo. Para elo non maxinan nunha randeeira, senón nun obxecto que contendo en sí o concepto do abaneo, a amplitude do mesmo non dependería tanto da nosa inquietude senón da característica propia de nosa vida. Polo máis a imaxe eu penso que pode ser tan útil unha como outra, máis se lle adico tanto espazo á randeeira, é porque gosto máis da súa representación onde o libre albedrío ten cabida dun xeito moi gráfico no xeito de randearnos ou de baixarnos dela.

Péndulo en movimientoPara darlle significado ó péndulo, maxinemos a iste coma a nosa vida oscilando entre os puntos máis dispares da nosa existencia: cando as nosas capacidades están no seu ponto máis álxido, ou positivo, e cando estas aparecen máis mermadas, ou negativo. É de supor tamén que o noso ideal ponto de equilibrio estaría representado polo péndulo na posicion central. Comvén lembrar a hora de conformar a imaxe, que o péndulo non está detido en ningunha posición, o movimento é contínuo. Tan só podería falarse de parada no intre en que se produz a inflexión ou cambeo de senso do movemento.

A iste ritmo, non podemos sustraernos nunca, forma parte da nosa vida. Pero para coñecer en que momento nos atopamos e cal debe ser a nosa actitude consecuentemente, penso que pode ser de grande axuda para o noso espíritu na tarefa de gobernar a nosa mente, tanto a imaxe do péndulo como a máis completa da randeeira.

O inicio

Ata aquí xoguei á miña maneira a seguilo proceso de Poe para elaborar este artigo. Foi un movimento de bambeo sobre o termo randeeira e o seu siñificado, non exento de "swing"11. Sego sen saber que será mellor, si este exercicio, ou quedarme nun estilo Kruzul maís puro e curto que foi o que o desencadeou:

O nosos ires e vires nos ciclos da vida son coma se estivésemos abaneando nunha randeeira, así cando imos cara atrás temos que impulsarnos para máis outo chegar cara adiante.

El Columpio

E remato cunhas estrofas da canción "El Columpio" dos mexicanos "Los Rieleros del Norte":

Cuantas veces
te dije llorando
no juegues conmigo
ni me eches mentiras

Porque vas
a quedarte en la calle
tirada y perdida
vendiendo tu vida

Yo te dije
piensa lo que dices
no ves que la vida
es como un columpio

Cuando sube
se siente bonito
pero cuando baja
eso duele mucho
[...]
  1. El cuervo (poema). Comentario al poema y poema en la Wiki: http://es.wikipedia.org/wiki/El_cuervo_%28poema%29
    El cuervo (Traducción al español libre): http://es.wikisource.org/wiki/El_cuervo_%28T.Libre%29 [volver]
  2. Filosofía de la composición http://es.wikipedia.org/wiki/Filosof%C3%ADa_de_la_composici%C3%B3n
    Método de composición. http://www.ciudadseva.com/textos/teoria/opin/poe01.htm [volver]
  3. O Fotograma está extraído da película. [volver]
  4. Refírome ó peculiar xeito de ler os trigramas mediante o tiro das frechas. [volver]
  5. Entendidos no senso de Carl Jung como imaxes orixinarias do inconsciente colectivo da humanidade. [volver]
  6. Devdas, páxina oficial: http://devdas.indiatimes.com/
    Devdas (2002 film) na Wikipedia: http://en.wikipedia.org/wiki/Devdas_%282002_film%29
    Devdas (2002/I) na IMDB http://www.imdb.com/title/tt0238936/ [volver]
  7. Pierre Auguste Cot (naceu en Bédarieux o 17 de Febreiro do 1837, faleceu no 1883) oi un pintor francés do Clasicismo Académico: http://en.wikipedia.org/wiki/Pierre_Auguste_Cot [volver]
  8. Jean-Honoré Fragonard (5 de avril do 1732 – 22 de agosto do 1806) pintor francés: http://en.wikipedia.org/wiki/Fragonard [volver]
  9. Pierre-Auguste Renoir (25 deFebreiro do 1841–3 de Decembro do 1919): http://en.wikipedia.org/wiki/Pierre-Auguste_Renoir [volver]
  10. El Kybalion. Los Misterios de Hermes. Tres Iniciados. Contenido de toda la obra completo en: http://www.geocities.com/Area51/Starship/9201/kybalion/kybalion.html [volver]
  11. Técnica e físicamente, o swing corresponde ó balanceo dun tempo a outro do compás que xera unha sensación dual de tensión-relaxación que se produce alternativamente a cada golpe de ritmo. http://www.apoloybaco.com/estiloswing.htm [volver]